Os novos non deben namorarse

Lyrics
[Letra de "Os novos non deben namorarse"] [Estrofa 1] Non te namores da profesora Nin te namores do profesor Que o aprobado non ten que ver Co estado actual do teu corazón Cos libros na man e os ollos pra baixo Cando entres na aula ten educación Desengano amoroso ou fracaso escolar No ensino non cabe esta forte paixón [Estrofa 2] Escoita o consello dun vello que di Que os novos non deben de namorarse Do mestre de mate, da xefa de estudios: Hai que deixar fóra tanto romance Pero se o obxecto da túa inquedanza Suspéndete logo no exame final E pensa que tes que recuperar Que aínda vas a velo o que resta do verán [Retrouso] Non, non, os novos non, non, non Non deben, non, non, non, namorarse, non Non deben, non, non, non, namorarse, non Non, non, non, non [Só de piano] [Estrofa 3] Se o teu amor declárase antes Pensa, meu fillo, que iso é ilegal O teu amor sempre foi tan puro E o seu é perverso e noxento e fatal [Retrouso] Non, non, os novos non, non, non Non deben, non, non, non, namorarse, non Non deben, non, non, non, namorarse, non Non, non, non, non
Rate this song
0/5.0 - 0 Ratings
Loading comments...
Credits
- Writers
- Maestro Reverendo