Carmiña Vacaloura

Lyrics
[Letra de "Carmiña Vacaloura"] [Estrofa 1] Este é o conto de Carmiña Vacaloura A vacaloura máis xentil do lugar Carmiña vivía nun vello carballo E lévabase ben con todo o mundo en xeral Pero ó pé do carballo nun burato Pepiño Grilo daba a lata todo o ano E Carmiña Vacaloura non o podía aturar [Estrofa 2] "Grilo do demo que só ve-la palla no ollo alleo, para xa de falar: Non ves que ninguén atende os teus consellos Por mor da túa catadura moral" Así falaba Carmiña cabreada Abrindo as fauces e poñendo mala cara "Ti que saberás o que está ben ou está mal?!" [Retrouso] Carmiña Vacaloura fai ben O grilo a ela tanto lle ten Do que non se pode falar O mellor é sempre calar [Instrumental] [Estrofa 3] "Non fagas isto, non faga-lo otro A metamorfosе a levas moi mal" Pepiño Grilo tiña frase para todo Pouco cri-crí е moito bla bla bla Se chego tarde porque chego tarde Se chego cedo porque chego cedo Faga o que faga sempre chega o sermón! [Estrofa 4] Onde se viu un grilo con chistera? Acaso é o grilo do Santo Grial? Onde se viu un insecto insecticida? Non ten amigos nin nunca os terá E os demais insectos que xa estaban fartos Reuníronse perto do carballo E foron a Carmiña a pedirlle solución [Retrouso] "Carmiña, ti que es grande e xentil Bota a Pepiño de aquí O que non se pode aturar O mellor é facelo calar" [Estrofa 5] "A paciencia e a consciencia Son asuntiños de mal casar Son cousas de moito pelexar Non son vaca nin son loura Pero o grilo vaime escoitar As miñas fauces vanlle asustar" E Pepiño emigrou dende o carballo ata o Nepal! [Retrouso] "Gracias Vacaloura xentil Polo que fixeches por nós O que non se pode aturar O mellor é facelo calar" [Outro] Do que non se pode falar O mellor é sempre calar Do que non se pode falar O mellor é sempre calar Do que non se pode falar (Pepiño Grilo) O mellor é sempre calar (A calar!) Do que non se pode falar (Non se pode falar!) O mellor é sempre calar (O mellor é sempre calar!) Do que non se pode falar O mellor é sempre calar (Y yo me voy) Do que non se pode falar (¡Al Escorial!) O mellor é sempre calar Do que non se pode falar O mellor é sempre... calar!
Rate this song
0/5.0 - 0 Ratings
Loading comments...
Credits
- Writers
- Julian Hernandez
- Maestro Reverendo