Figa

Lyrics
[Letra de "Figa"] [Estrofa 1] Nunca cuspas cara arriba que todo tende a caer-e Para falar faltas doutros, ningunha en ti ha de haber-e Marmuras sempre de min, e marmuras de min e doutros No inferno tes unha cama para te deitar un pouco [Pre-Estribillo] Atende do teu primeiro Que nunca se perde ninguén-e Pérdese por marmurar-e Da vida de cadaquen-e Pérdese por marmurar-e Da vida de cadaquen-e Atende do teu primeiro O dos demáis non é— (O dos demais non é teu) [Estribillo] Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé (O dos demais non é teu) Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé [Post-Estribillo] Anque de min digan, digan; anque de min digan ben Anque de min digan, digan, eu non digo de ninguén Anque de min digan, digan (Marmurar de min e doutros) Anque de min digan ben Anque de min digan, digan (Marmurar de min e doutros) Eu non digo de ninguén [Estrofa 2] Non teñas tanta amargura nun corpiño tan pequeno Vaiche, vaiche podrecendo até acabar falmaguento Vaite de aí, rexoubeiro, rexoubar á túa casa Se na miña casa hai fume na túa queima que abrasa [Pre-Estribillo] Atende do teu primeiro Que nunca se perde ninguén-e Pérdese por marmurar-e Da vida de cadaquen-e Pérdese por marmurar-e Da vida de cadaquen-e Atende do teu primeiro O dos demáis non é— (O dos demais non é teu) [Estribillo] Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé Ai-lerelé-lerelé, ai-lerelé-lerelé [Post-Estribillo] Anque de min digan, digan; anque de min digan ben Anque de min digan, digan, eu non digo de ninguén Anque de min digan, digan (Marmurar de min e doutros) Anque de min digan ben Anque de min digan, digan (Marmurar de min e doutros) Eu non digo de ninguén
Rate this song
0/5.0 - 0 Ratings
Loading comments...
Credits
- Writers
- Iago Pico
- Tanxugueiras